Sunday 28 de April de 2024

A Xunta pon en valor o traballo e a traxectoria de Pai Menni en Betanzos


A directora xeral de Persoas con Discapacidade, Begoña Abeijón, visitou esta mañá as instalacións de Pai Menni en Betanzos. Durante o encontro puxo en valor a ampla traxectoria desta entidade que leva 100 anos coidado das persoas con discapacidade deste concello e da súa contorna.

A directora xeral lembrou que o Goberno galego seguirá estando ao carón das entidades sociais de Galicia para axudarlles a construír entre todos unha sociedade máis accesible, xusta e igualitaria coas persoas con discapacidade. O Goberno galego destina cada ano 3,4 millóns de euros a esta entidade para a creación de prazas públicas.